EU Aid Volunteers: descobre a iniciativa europea de voluntariado humanitario” na Universidade de Santiago de Compostela

Sesión informativa EU Aid Volunteers na Universidade de Santiago de Compostela

O xoves 14 de outubro ás 13:30 horas na ONG Movemento pola Paz -MPDL- organiza a sesión informativa “EU Aid Volunteers: descobre a iniciativa europea de voluntariado humanitario” na Universidade de Santiago de Compostela.


O xoves 14 de outubro ás 13:30 horas na ONG Movemento pola Paz -MPDL- organiza a sesión informativa “EU Aid Volunteers: descobre a iniciativa europea de voluntariado humanitario” na Universidade de Santiago de Compostela.

A sesión informativa “EU Aid Volunteers: descobre a iniciativa europea de voluntariado humanitario” é unha oportunidade para coñecer de primeira man as oportunidades de voluntariado internacional que ofrece esta iniciativa europea coa ONG Movemento pola Paz, a cal conta con varios proxectos EU Aid Volunteers en terreo.

EU Aid Volunteers é unha iniciativa da Unión Europea que ofrece oportunidades de voluntariado humanitario tanto en terreo como en liña á cidadanía da UE e residentes de longa duración en países membros con diferentes perfís profesionais. Súmaste?

  • Xoves 14 de outubro 13:30 – 15:00 horas Salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida. Avenida do Doutor Angel Jorge Echeverri s/n).
  • Entrada libre ata completar aforo.
  • Inscricións en: sepiu.santiago@usc.es
  • Medidas de prevención COVID-19
Etiquetas: